Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable
e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus
Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse
impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión
de borradores. 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia
dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais 4.- Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas…) 5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos
e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade 6. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas 7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |