1)A proba
obxectiva será un exame oral ou escrito, en cualquera das súas modalidades
(test, desenvolvemente, teórico-práctico ou unha combinación destos), constando
de dous partes diferentes e puntuadas sobre 5 puntos cada unha: unha adicada a
Dereito Societario; e outra, a Dereito Cooperativo. E, para superar a
asignatura, será necesario superar o 5 na suma das dúas partes das que se
compón.
2)A proba
obxectiva representa o 70% da valoración da materia e as clases prácticas e o
resto de metodoloxías o 30% restante.
3) Nas
convocatorias extraordinarias, a evaluación realizarase exclusivamente en base
ás respostas dadas ás preguntas plantexadas nas correspondentes probas
objectivas.
4) Recórdase ós alumnos que a asistencia a
clase é preceptiva, de modo que isto permite a posibilidade de vincular a
valoración das prácticas a entregar á asistencia participativa na clase
correspondente.
5) A
entrega das prácticas, documentos ou arquivos elaborados polos alumnos (e que
integrarán os seus portafolios individuais) farase exclusivamente a través de
Moodle e nos prazos fixados para cada unha delas.
6) Proba
de conxunto: Contémplase a opción de presentarse a unha proba de conxunto para
aqueles casos excepcionais que non permitisen a realización dos traballos
relacionados no programa (alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia). Esta proba estará composta dunha parte
práctica e dunha teórica, todo isto sobre unha cualificación de 10. A proba
realizarase na data aprobada para tales efectos polo centro. Será requisito
imprescindible comunicar o profesor con antelación suficiente a opción por este
sistema e xustificar as razóns alegadas
7 )De acordo
co artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC, o alumnado que incurra en fraude ou plaxio terá
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado como
"suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta
de primeira oportunidade si fose necesario.