O obxectivo xeral desta materia é a formación dos estudantes para realizar investigacións empíricas sociais dentro da área de coñecemento de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Dado o carácter eminentemente práctico da materia, esta materia tamén pretende orientar aos estudantes na realización da memoria final do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Para este obxectivo, non obstante, tamén é necesaria unha formación teórica básica en torno á metodoloxía, ás técnicas de investigación empregadas nas Ciencias Sociais, e especialmente a estatística.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías