Para o desenvolvemento da parte práctica da materia, é moi
recomendable ter coñecementos básicos previos da linguaxe de programación
Python ou cursar ao mesmo tempo as materias Python para Enxeñeiros que se imparten no máster. Para
axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir cos obxectivos do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia: 1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 2.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 3.
De se realizar en papel: -
Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a impresión de borradores. Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |