É moi recomendable o aproveitamento das clases prácticas de programación que se realizarán ao longo do curso. Así mesmo, a través da páxina web da materia iranse expondo diversos exercicios para fomentar a capacidade de resolución problemas que será esixida ao estudantado. É moi recomendable a realización destes exercicios para un bo aproveitamento da materia. Para
axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir cos obxectivos do
"Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia: 1.
Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 2.
Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 3.
De se realizar en papel: -
Non se empregarán plásticos. -
Realizaranse impresións a dobre cara. -
Empregarase papel reciclado. -
Evitarase a impresión de borradores. Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |