- Estudo diario dos contidos tratados nas sesións expositivas, complementados co curso virtual e a bibliografía recomendada.
- Resolución tanto dos exercicios propostos nas sesións presenciais como doutros atopados na bibliografía recomendada.
- Uso das horas de titoría do profesorado para resolver todo tipo de dúbidas sobre os contidos da materia.
Segundo
se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de
ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e
alumnos...) - Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que
por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais,
experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso
á vida universitaria.
- Para contribuír a acadar unha veciñanza saudábel e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e
investigación saudábel e sustentábel ambiental e social” do "Plan de
Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
• Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático, sen necesidade de imprimilos. • En caso de ser necesario realizalos en papel, dentro do posible: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Utilizarase papel reciclado.
|