Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir
co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e
sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: • Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. • Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. • De se realizar en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. |