-
Cada exame constará de duas partes independentes, sendo necesario obter unha
nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,75
puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1,25
puntos.
-
Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame haberá que
alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.
-
Para poder ser evaluados, @s alumn@s han de ter feito como mínimo o 75% das
prácticas de laboratorio.
-
A evaluación no exame de 2ª oportunidade realizarase seguindo os mesmos
criterios utilizados no examen de 1ª oportunidade.
-
A calificación correspondente á realización de traballos tutelados non se
mantén dun curso ao outro.
- @ alumn@ con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia será avaliad@ mediante a cualificacion
obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutelados (20%). Na
segunda oportunidade manterase a cualificación obtida nos traballos tutelados
realizados durante o curso para calcular a cualificación global.