No marco dos "Traballos tutelados" poderanse incluír aspectos tales como asistencia a clase, traballo persoal, traballos persoais propostos, actitude, etc., para axudar á obtención do aprobado.
A "Proba mixta" dividirase nunha parte teórica tipo test (70%), nunhas preguntas sinxelas (20%), e nuns exercicios (10%). A nota obtida polo alumno cos "Traballos tutelados" será ponderada coa nota obtida nos exercios da "Proba mixta".
É necesario superar o 50% da puntuación no test da "Proba mixta" para aprobar.
Os alumnos que non aprobaran os "Traballos tutelados" terán que superar uns exercicios con máis apartados na "Proba mixta".
Para a segunda oportunidade non haberá un segundo plazo de entrega de traballos, e a evaluación relativa a "Traballos tutelados" incluirase na "Proba mixta".
Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada de decembro serán iguais ós da segunda oportunidade do curso anterior.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán evaluados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
No caso de que o alumno cometa unha falta na materia (segundo o Regulamento Disciplinario do Alumnado): o alumno cualificarase con "suspenso" (grado numérico 0) na convocatoria correspondente, se a falta se comete se produce na primeira. oportunidade como na segunda. Para iso modificarase a súa cualificación no certificado de primeira oportunidade, se é o caso.