Portafolios do alumno |
A1 A4 A5 A26 A27 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C3 |
Se incluirá un 20% de valoración deste apartado no caso da realización de algún traballo tutelado se se dise o caso. Se esto non fora así, esta porcentaxe recaería adicionada sobre a proba obxetiva. |
20 |
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas: Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:
- Poderase propoñer a realización de probas intermedias cun valor de ata o 20% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas, esta puntuación poderá ser recuperable mediante a proba obxectiva final) .
- Poderase propoñer a realización de traballos tutelados cun valor de ata o 20% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas puntuacións non será recuperable).
Proba obxectiva final: - A realización desta proba obxectiva será obrigatoria para superar a materia, debendose presentar e superar correctamente o 40% da proba para a suma da puntuación das actividades que se poidan realizar durante o período lectivo. Dependendo da organización ou non das actividades durante o período lectivo, a valoración da puntuación das mesmas sumaríase á porcentaxe final da proba obxectiva final, podendo variar entre o 60 % e o 100 % da ponderación da nota final, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia. O método de avaliación será similar para a primeira e a segunda oportunidade.
Nota sobre a avaliación das actividades non presenciais: Actividades non presenciais: - O profesor reservarase o dereito de solicitar información complementaria por videoconferencia para poder validar a veracidade da autoría dos contidos presentados, reservándose o dereito a unha redución de ata o 100% da puntuación obtida no caso de respostas non concluíntes que podan presentar dúbidas sobre o traballo realizado.
Condicións adicionais: Condición de non presentado: - O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.
Convocatoria adiantada: - O alumnado que realice unha convocatoria anticipada poderá conservar a puntuación obtida nas actividades realizadas durante o periodo lectivo durante unha convocatoria. Despois disto, se a materia non estivese superada ou non se tivese realizado ningunha proba, avaliaranse mediante unha proba obxectiva final, puntuando a mesma no 100% da nota da materia, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia.
Dispensa académica: - Os estudantes con dispensa académica estarán exentos de asistencia a clase e prácticas de laboratorio. Os métodos de avaliación serán equivalentes aos empregados co alumnado matriculado na modalidade presencial.
Realización fraudulenta: - O alumnado que de forma fraudulenta realice calquera tipo de actividade de avaliación (tanto realizando actividades durante o período lectivo como na proba obxectiva), unha vez comprobado, será calificado automaticamente como suspenso (nota numérica 0) na correspondente convocatoria do curso académico, non podendo avaliarse da materia ata a próxima convocatoria do próximo curso académico.
|