Para superar a asignatura, os estudantes han de obter a
cualificación mínima de aprobado (5) en cada parte da materia: teoría e
práctica.
Os criterios e as actividades de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade e para as convocatorias extraordinarias.
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante
que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades
de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para
cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado como “Non
presentado”: a) cando non completase o
proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente,
ou b) cando non se presente á proba do
período oficial de avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de
suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.