Recomendacións
Sostenibilidade Medio Ambiente e Igualdade de Xénero: 1.
A entrega dos traballos documentais (traballo tutelado/aprendizaxe servizo) que
se realicen nesta materia farase da seguinte maneira: 1.1Entregarase
en formato virtual e / ou soporte informático 1.2.No
caso de ter que imprimir algo en papel (por exemplo, carteis, dípticos, etc...
para a realización das actividades ApS) a impresión farase en papel reciclado e
a dobre cara. Non se imprimirán borradores, só a versión final. 2.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural fomentarase que os materiais que se desfeiten da materia
(papeis, plásticos) se tiren nos respectivos contenedores habilitados nos
centros donde se imparte a materia ou na rúa para tal fin. Os materiais
empregados para a realización das experiencias ApS deben ser na medida do
posible materiais reutilizados, realizando campañas no centro para a súa
recollida no caso de ser necesario. 3.
Intentarase transmitir aos/as estudantes a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade para que estos os apliquen non so
na aula, senón nos comportamentos persoais e profesionais. 4.
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). 5.Traballaráse
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 6.Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. 7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas,
sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. Estas reglas
aplicaránse tamén no caso dos traballos de aprendizaxe servizo preparados polo alumnado en entidades que traballen con usuarios/usuarias con algún tipo de
discapacidade. O alumnado adaptará os materiais de tal maneira que se
facilite o aprendizaxe de todas as persoas. |