Para superar a materia deberán estar
aprobadas as duas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, o
alumnado deberá superar todas e cada unha das prácticas.
Segunda convocatoria/extraordinaria. Para
aprobar a materia, deberán realizar e superar un exame na sesión de xuño-xullo,
na data oficialmente sinalada, presentar as prácticas requiridas durante o
curso (60% da nota), cos mesmos criterios que na avaliación.
A modalidade de avaliación na convocatoria
extraordinaria realizarase do mesmo xeito que na convocatoria ordinaria, salvo
que por adaptación académica se acorde realizar outras actividades co profesor.
Acción contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
O alumnado con exención académica deberá
poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo
electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as faltas
de asistencia ás clases maxistrais e as horas de traballo na aula.