Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Asignaturas
  Historia do Deseño
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B6 B11 B12 C1 C4 C6 C7 C8 Práctica de elaboración persoal de comentario e análise escrito e gráfico dun obxeto, co gallo de potenciar a crítica rigurosa como medio de reflexión e coñecemento. Nalgúns casos, a análise será comparativa entre dous obxetos de uso idéntico.
Na súa cualificación valorarase especialmente a ideación gráfica e a capacidade analítica do alumnado.
Realizaranse no tempo non presencial, utilizando a plataforma Moodle.
Faranse 9 durante o curso, cun peso do 30% na nota final, coa seguiente distribución:
1-3: 6 % (20% da nota de prácticas)
4-6: 9 % (30% da nota de prácticas)
7-9: 15 % (50% da nota de prácticas)
30
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B3 B6 B11 B12 C1 A proba obxetiva consta de tres partes:
1. 5 preguntas cortas de resposta breve.(20%)
2. 1 tema a desenvolver. (20%)
3. 3 análises críticos: 2 de un obxeto y 1 comparativo de parellas de obxetos do mesmo uso. (30%)
70
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada dos traballos tutelados e das probas obxectivas. Cada unha das partes que conforman a calificación (traballos tutelados e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha calificación mínima de 3 puntos en cada unha delas para poder superar a asignatura.

A asistencia e participación nas clases presenciais é precisa para ser avaliado. O traballo non presencial é valorado a través dos traballos tutelados segundo as porcentaxes descritas anteriormente.

Para poder ser avaliado na primeira oportunidade o/a estudante debe cumprir a totalidade dos siguientes requisitos:

1. Asistir polo menos ó 80% das clases presenciais.

2. Entregar como mínimo o 80% dos traballos individuais nas datas sinaladas.

3. Asistir alomenos a unha das dúas correccións persoais de prácticas.

4. Realizar a proba obxectiva, non podendo deixar sin contestar o tema a desenvolver nin os análisis críticos.

Si o/a estudante non se presenta á proba obxectiva, obterá un “No presentado” na primeira oportunidade.

No caso de non cumprir algún dos dous primeiros puntos o/a estudante obterá un “Non presentado” na convocatoria anual (primeira e segunda oportunidades).

Na segunda oportunidade repetirase únicamente a proba obxectiva, coas mismas condicións que na primeira oportunidade. A ela só se poderán presentar aqueles estudantes que:

1. Ou ben cumpriron todos os puntos citados anteriormente e non alcanzaran a suficiente puntuación para aprobar.

2. Ou ben cumpriron os tres primeiros pero non se presentaron á proba obxectiva na primeira oportunidade.

Aqueles/as estudantes que se incorporen co curso xa comenzado:

1. Terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais restantes dende a súa incorporación

2. Terán que entregar en tempo as prácticas que se realicen a partires da súa incorporación

3. As prácticas con data previa á súa incorporación terán que ser entregadas no momento que lles indique.

O resto de normas que non entren en contradición coas anteriores seranlles de aplicación igual que ó resto de estudantes.

A aqueles/as estudantes que participen en programas de mobilidade saínte ou entrante se lles aplicarán as mesmas normas que ó resto do estudantado.

Os/as estudantes repetidores/as que nun curso anterior teñan cumprido o requisito de presencialidade quedan exentos de cumplilo nos cursos seguintes.

Os/as estudantes repetidores que nun curso anterior teñan as prácticas aprobadas quedan exentos de voltar a facelas nos cursos seguintes.

Avaliación
en convocatoria adiantada
: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse
as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia
: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da
dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima,
manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao
indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes