Workshop |
A8 B4 B6 C6 |
Encargaranse unha serie de traballos sinxelos (entre 8 e 10; o número dependerá do desenrolo do curso) que se discutirán mediante técnicas da dinámica de grupo co profesor nas sesións.
Para que os traballos sexan evaluados é condición imprescindible ter asistido á sesión onde se presentaran e discutiran.
Os traballos entregados fora de prazo teñen unha penalización do 30% na nota. |
20 |
Os alumnos que non cumpran a condición de obter un mínimo de 3 sobre 10 na proba obxectiva e teñan unha nota media ponderada, segundo os conceptos avaliables, superior ou igual a 5.0, serán cualificados no total da materia cun 4,9 (suspenso). Na convocatoria de segunda oportunidade, a nota obterase mediante a media ponderada das cualificacións dos traballos tutelados (60%), os traballos encargados nos obradoiros (20%) e a nota do exame final (20%). Non entanto, nesta convocatoria so es posible presentarse ao exame e/ou facer os traballos tutelados individuais. Manterase para o cómputo da nota final a cualificación de "obradoiro" obtida durante o curso. Os traballos tutelados para a convocatoria de segunda oportunidade comunicaranse cun prazo suficiente e poderían non ser os mesmos que se encargaron durante o curso. Os alumnos con dispensa académica ou aqueles que concorran á convocatoria adiantada, serán avaliados mediante os traballos tutelados individuais e un exame do contido da materia. A nota obterase promediando as notas dos traballos (70%) e do exame (30%).
As cualificacións obtidas en calqueira das metodoloxías que serven para a avaliación final só son válidas no curso académico no que son cualificadas (non se gardan notas para cursos posteriores nin se rescatan de cursos anteriores).
|