Guía DocenteCurso
Facultade de Dereito
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Asignaturas
  Filosofía do Dereito
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Terán un carácter introdutorio aos principais temas da materia, ou ben de recapitulación.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A6, e A8.
Lecturas O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa dos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e xurisprudenciais-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia.
Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6.
Seminario Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7.
Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar criticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión.
Serven para desenvolver as habilidades argumentativas, orais e escritas, e un pensamento sistemático, creativo e crítico.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6.
Proba oral Trátase dunha proba que combina proba obxectiva e proba de desenvolvemento. Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas cos contidos dos 6 primeiros temas. Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes