Será necesario acadar un mínimo dun 4,5 sobre 10 puntos en cada unha das partes avaliadas (proba obxectiva e prácticas de laboratorio). Non haberá mínimo esixido nos traballos tutelados. En caso de non acadar algún dos mínimos, a máxima nota que se poderá obter é un 4,5.
O estudantado que non concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación, terá a condición de “Non presentado” (NP).
A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira, salvo para os traballos tutelados. Dado o carácter de avaliación continua dos mesmos, esta parte non poderá recuperarse.
Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.
Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia, fraude académica e igualdade rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.