Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Conta cunha valoración máxima de 4 puntos distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato sonoro (traballo A), ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante .

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun proxecto audiovisual ("Proxecto final"), ponderada mediante unha rúbrica de autoavaliación grupal do traballo realizado por cada integrante.
40
Proba de resposta múltiple B3 Esta proba teórica versará sobre os contidos teóricos da materia. 30
Prácticas de laboratorio A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 As prácticas teñen unha valoración total de 2 puntos (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 70% das prácticas da materia (grupo mediano).
20
Presentación oral A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 Para a avaliación das presentacións orais débense cumprir os seguintes requirimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos) e (2) entregar o correspondente traballo/ou parte de traballo en tempo e forma.
En calquera caso, antes de cada presentación oral, daríanse as indicacións oportunas para o seu desenvolvemento-avaliación.
10
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN 1ª OPORTUNIDADE 

- A nota resultará da ponderación dos traballos prácticos (70%) e do exame final con formato tipo test e/o preguntas de desenvolvemento curto (30%). 

- Coa proposta de cada traballo e/o actividade o profesor explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. 

- Para a computación do 20% das prácticas de laboratorio será obrigatorio acudir polo menos ao 70% das clases prácticas. 

 - Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar só una das partes (parte práctica ou exame teórico), manterase a outra parte aprobada para a segunda oportunidade. 

 - O exame teórico versará sobre os contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais que foron extraídos, principalmente, do libro "Sonidos que cuentan. La
ambientación sonora en el audiovisual" Barcelona: UOC; sen menoscabo de que poidan incorporarse outros contidos das sesións maxistrais. 

- Estableceranse fórmulas alternativas para a avaliación dos alumnos a tempo parcial con dispensa académica con exención de asistencia.

AVALIACIÓN 2ª OPORTUNIDADE 

 - A nota resultará da ponderación de: 

- Entrega de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta polo docente, co correspondente dossier e presentación. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto+10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar antes da data oficial de exame, no formato sinalado polo profesor: a peza audiovisual co son íntegro, o dossier, e a presentación gravada. 

- Aprobación do exame na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sons que contan. A ambientación sonora no audiovisual." Barcelona: UOC; ; sen menoscabo de que poidan incorporarse outros contidos das sesións maxistrais. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

 - O profesor explicará detalladamente o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega do traballo práctico. 

 - Para superar a materia o/a estudante deberá superar ambas as partes, teórica e práctica, e obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos, prácticas e exame. En caso de non superar unha das partes, non se manterá a outra parte aprobada para cursos posteriores. 

 - Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia.


OUTROS ASPECTOS 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo con a normativa académica vixente da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes