Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Sector da Animación e o Videoxogo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A22 B2 B3 B4 B5 B9 B12 B13 C3 C5 C7 C9 Traballos teóricos e/ou prácticos, individuais ou en grupos reducidos.
Estes traballos poderán levar asociada a realización dunha presentación oral ou dunha proba mixta (individual).
A realización de todas estas actividades (traballos, presentacións, probas) é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
40
Eventos científicos e/ou divulgativos A22 B2 B4 B5 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C9 Os estudantes realizarán a práctica de enviar un proxecto de animación e/ou de videoxogos a un evento seleccionado destes sectores.
Estes proxectos poderán ser persoais ou realizados anteriormente nalgunha materia.
Esta actividade pode ser individual ou en grupos reducidos.
A realización desta actividade é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
25
Lecturas A2 B3 B11 C1 C5 C8 Proba para a avaliación das lecturas obrigatorias.
É necesario aprobar esta parte para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación. Se non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa.
35
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos. Cada falta de ortografía desconta 0,3 puntos e cada acento 0,2 puntos.

Os alumnos deberán consultar diariamente o Campus Virtual da UDC (Moodle),
porque a través deste espazo docente comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Todos os aspectos relacionados con dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC.

2ª oportunidade: Na segunda oportunidade, a cualificación final
obtense coa mesma ponderación que na primeira. Os estudantes deberán
realizar as mesmas
actividades avaliables que na primeira, e cumprir os mesmos requisitos.
Por tanto, é necesario aprobar a Proba da lectura obrigatoria, realizar todas as actividades dos traballos tutelados e enviar o proxecto para o evento de animación ou videoxogos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes