A teoría supón o 40% da nota e a práctica
o 60% (40% trabajos y 20% defensa oral).
Para superar a materia deberán estar
aprobadas as dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, o
alumnado deberá superar todas as prácticas.
A forma de valoración na oportunidade extraordinaria e adiantada realizarase da mesma forma que a oportunidade ordinaria.
Os alumnos deberán entregar os traballos prácticos segundo os criterios estipulados polo docente
A modalidade de avaliación na convocatoria
extraordinaria realizarase do mesmo xeito que na convocatoria ordinaria, salvo
que por adaptación académica se acorde realizar outras actividades co profesor.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC
O alumnado con exención académica deberá
poñerse en contacto co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo
electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as faltas
de asistencia ás clases maxistrais e as horas de traballo na aula.
As faltas de ortografías penalizan a nota final.