Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Postprodución 3D e Efectos Visuais
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Linguaxe e Narrativa Gráficas e Audiovisuais/616G02002
Edición e Montaxe/616G02007
Deseño Sonoro/616G02008
Materiais e Iluminación/616G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

             •  Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
             •  Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
             •  En caso de ser necesario realizalos en papel:
                 -     Non se empregarán plásticos.
                 -     Realizaranse impresións a dobre cara.
                 -     Empregarase papel reciclado.
                 -     Evitarase a impresión de borradores.

Ademáis:

• Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
• Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
• Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).
• Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
• Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas.
• Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes