Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Animación 2D
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 B1 B2 B5 B6 B7 B8 B9 B12 B13 C1 C3 C7 C8 C9 Recopilación dos exercicios realizados durante o curso nun portfolio (grupal) e unha demoreel individual (corrixindo os erros identificados nas avaliacións previas e seguindo as recomendacións da teoría da materia). Inclúe entrega de memoria. 30
Sesión maxistral A10 A15 C8 Probas de duración curta realizadas ao final de cada tema teórico da materia. 20
Presentación oral B4 B10 B11 C1 C4 C6 Defensa dos traballos tutelados. 40
Prácticas de laboratorio A8 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B13 C1 C3 C9 Avaliación continua dos pequenos exercicios de animación 2D realizados durante as clases. 10
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible a entrega de todas as prácticas de laboratorio e a presentación oral final. Ademáis, débese obter unha nota mínima de 4 tanto na media de todas as prácticas como na nota do traballo tutelado para facer media. De non chegar ao 4, a nota obtida automáticamente será a da nota inferior a 4 ou Non Presentado (no caso de non entregar todas as prácticas ou non levar a cabo a presentación oral). 

As avaliacións dos temas teóricos (levados a cabo durante as clases maxistrais tras o peche de cada tema) son voluntarios, pero avaliables; isto é, non será obrigatoria a súa realización, pero terán un valor do 20% na nota final, polo que a falta de realización penalizarase en 2 puntos na nota final.

As prácticas deben entregarse en tempo e forma a través do Campus Virtual. As prácticas entregadas fora de prazo serán penalizadas sobre o 50% da nota total, poidendo obter un máximo de 5 puntos sobre 10.

O traballo tutelado non será avaliado se non se entrega en tempo e forma a través do Campus Virtual. A presentación oral do traballo tutelado (e a súa memoria) considerarase como exame final da materia e se cualificará cun 40% tendo en conta creatividade, maquetación, fluidez de palabra, corrección de erros en relación ás prácticas, resultado e correcta aplicación da teoría da materia, resolución de problemas, referencias e valoración da aprendizaxe. A nota desta presentación será individual para cada un dos integrantes do grupo.

Serán motivos de penalización e/ou suspenso nas notas das prácticas e traballos tutelados: entrega sen formato correcto, nomenclatura con espazos ou caracteres especiais, erros ortográficos e/ou gramaticais, maquetación do contido e falta de referencias, ademáis da correcta realización do solicitado para cada unha das tarefas. 

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes