Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
 Asignaturas
  Sustentabilidade Urbana e Estilos de Vida Saudables
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Sustentabilidade Urbana e Estilos de Vida Saudables Código 630541009
Titulación
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Dumitru , Adina Claudia
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
Profesorado
Dumitru , Adina Claudia
Correo electrónico
adina.dumitru@udc.es
Web
Descrición xeral A materia centrarase en presentar a relación que existe entre o deseño urbano, os estilos de vida sostibles e saudables e o benestar nas cidades e a calidade de vida. Abordará o estudo dos distintos tipos de factores que condicionan a adopción de estilos de vida sostibles e saudables, en áreas como a enerxía, a mobilidade, a alimentación, a recreación/o lecer e turismo sostible. Centrarémonos nos factores psicolóxicos, sociais, ambientais, políticos e tecnolóxicos ou infraestruturais que condicionan o comportamentos de distintos grupos sociais nas cidades e nas principais teorías que explican a relación entre ambiente urbano, comportamento e benestar. Abordaremos a sustentabilidade desde as tres perspectivas relevantes: medio-ambiental, social e económica, centrándonos en conceptos como as transicións á sustentabilidade, o mundo VUCA (volátil, inseguro, complexo e ambiguo), a economía do benestar, e a xustiza social. Así mesmo, incidirase na diferenza entre comportamentos de alto e baixo impacto ambiental, e no que se coñece como a brecha actitude-comportamento, ou o feito de que un alto nivel de conciencia ambiental non se traduce en comportamentos ou estilos de vida sostibles. Falaremos, por unha banda, de valores, crenzas, normas sociais, motivacións intrínsecas e extrínsecas, e identidade ambiental como factores crave na adopción e difusión de estilos de vida sostibles e saudables e, polo outro, das variables que explican a relación entre medio ambiente e saúde, como #o #estrés #fisiolóxico e #psicolóxico ou a alteración da inmunidade. Ahondaremos tamén nas intervencións urbanas máis prometedoras que conseguen, á vez, reducir o impacto ambiental, mellorar a saúde física e mental das persoas, e corrixir as desigualdades, como as innovacións sociais, as solucións baseadas na natureza, ou as abordaxes participativas como a ciencia cidadá. Estas intervencións contextualizaranse en distintos grupos de idade e serán adaptadas a distintos momentos evolutivos, como o cambio de ciclo escolar, o acceso á universidade, a ampliación da familia ou a xubilación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes