Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Inspección das Estruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A7 B1 B2 B3 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C13 Traballo final 75
Sesión maxistral A5 A7 C1 C2 C5 C6 C7 C13 Asistencia 25
 
Observacións avaliación

A avaliación, como sistema de recollida de información destinada a emitir xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha implicación constante do alumnado.

ASISTENCIA: O contido teórico impartido enténdese como base fundamental, polo que unha ausencia inxustificada e reiterada ten repercusións desfavorables. Neste sentido, será necesaria a asistencia a sesións conxuntas (expositivas + interactivas) superior ao 90% no caso de matrícula de dedicación a tempo completo.

No caso de repetidor, esta porcentaxe redúcese ao 40%, sempre que no curso anterior comprobara a condición anterior.

O incumprimento do mínimo de asistencia anula a posibilidade de valorar a proba obxectiva.

Enténdese que a asistencia sen contacto é sincrónica.

TRABALLO TITORADO: desenvolverase ao longo do cuadrimestre e implicará unha única entrega ao final do cuadrimestre.

Terá un peso na avaliación do 75% da cualificación global.

O profesor proporalle ao alumno un traballo eminentemente práctico de inspección técnica de edificios:

  - O edificio obxecto do traballo acordarase previamente co profesor antes de que o alumno inicie o seu desenvolvemento.

  - Desenvolverase correctamente de acordo coas directrices do profesor, definidas desde o inicio da sinatura.

  - O traballo, salvo causa moi xustificada, entregarase na data establecida ao comezo do curso; realizarase unha única entrega.

--------------------------------------------

CONVOCATORIA ANTICIPADA: réxese polos criterios xerais.

Requírese ter cumprido na súa totalidade as condicións do curso anterior.

--------------------------------------------

ALUMNOS CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E RENUNCIA ACADÉMICA

ATENCIÓN PERSONALIZADA: sen cambios.

ASISTENCIA: résexe pola propia normativa académica da UDC

VALORACIÓN: sen cambios.

-------------------------------------------

DISPENSA ACADÉMICA: résexe pola propia normativa académica da UDC

PLAGIO / FRAUDE: résexe pola propia normativa académica da UDC

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes