Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Estruturas 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A12 A17 A18 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C6 C7 C8 Valoraranse os resultados obtidos no taller teniendo en cuenta o seu seguimento por parte do alumno, a complexidade da solución estrutural, a súa adecuación á proposta arquitectónica, así como o seu desenvolvemento tanto a nivel de cálculo como gráfico. 20
Proba mixta A12 A17 A18 B2 B9 B11 C1 C6 Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teórico-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. 80
 
Observacións avaliación


A avaliación, como sistema de recollida de información
orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o
proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante
implicación do alumno. Con esta premisa, a asistencia e participación do alumno
enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa
pode repercutir desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar
proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos
criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón
tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a
utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a
terminología empregada; así como a resolución, detalle e calidade gráfica da
representación da estrutura, en xeral, e dos diferentes elementos que a
compoñen, en particular.



O sistema de avaliación continua configúrase con probas
mixtas (exame teórico-práctico) que se realizarán durante o período lectivo, e
a práctica do obradoiro, representando cada un destes ítems a porcentaxe antes
indicada sobre a cualificación global.



Para poder superar a materia por curso deberanse
satisfacer as seguintes esixencias:



•   
Entregar a ficha de alumno correctamente no
prazo estipulado.



•   
Unha asistencia non inferior ao 80%, aplicable a
cada unha das categorías de clases presenciais (expositivas, interactivas e obradoiro).
Esta condición non será exixible aos alumnos con matrícula a tempo parcial, ou
con dispensa académica, salvo no que respecta ao seguimento de obradoiro.



•   
Obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en
cada unha das dúas probas mixtas.



•   
Obter unha cualificación mínima de 3 sobre 10 no
exercicio de taller, e realizar as entregas parciais establecidas ao efecto.
Faise notar que a cualificación do obradoriro require dun seguimento continuo
do seu desenvolvemento, de modo que, de ser este insuficiente, o exercicio será
cualificado cun 0.. As condicións de desenvolvemento do taller serán idénticas
con independencia de que o estudante haxa ou non superado previamente Proxectos
5.



•   
Obter unha cualificación final por curso dun
mínimo de 5 sobre 10.



Os estudantes que non superen a materia por curso
deberán presentarse en calquera das dúas oportunidades oficiais do mesmo curso.
En ambas conservarase a nota do obradoiro obtida, dado que a entrega deste
exercicio é única, na data que para ese efecto se defina.



Atendendo ao artigo 14
das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e máster universitario, calquera constatación de plaxio, fraude, ou
incumprimento relevante das condicións establecidas para o desenvolvemento de
entregas e/ou exames, derivará nunha cualificación de suspenso (0), das responsabilidades
disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes