Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Historia da Arquitectura 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A42 A49 A51 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Realización satisfactoria dos traballos tutelados mostrando unha adecuada progresión ao longo do curso. 40
Proba obxectiva A38 A42 A49 A52 A53 A57 A63 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 Configurada como:
1. Preguntas concretas sobre o conxunto das materias do programa.
2. Temas de reflexión e análise da arquitectura e o urbanismo nos distintos aspectos abordados no temario.
3. Análises concretas individualizadas ou comparativos de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos e/ou urbanos, valorando a capacidade analítica da arquitectura nas súas diversas escalas e graos de profundidade.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignaturaconfigúrase como unha suma ponderada de probas obxectivas e traballos tuteladosque serán expostos polo alumnado nas clases interactivas. Dentro do proceso deavaliación continua, realizaranse dúas probas parciais liberatorias ao longo docurso, sobre os contidos impartidos ata o momento. Para liberar á materiacorrespondente é necesario aprobar a proba parcial. De no ser así, terá querepetirse a proba non superada na primeira ou na segunda oportunidade.

A asistencia e participación ás clases presencias é necesaria para ser avaliado. O traballo no presencial é valorado a través dos traballos tutelados cun peso do 40% na calificación final.

A proba obxectiva terá un peso total do 60% na calificación final.

Cada unha das partes que forman a calificación (traballos tutelados e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos.

Para poder aprobar a materia débense cumplir as dúas condicións seguintes:

1. A nota mínima en cada unha das respostas da proba obxectiva e en cada un dos traballos tutelados será de 3 puntos.

2. Unha das partes da proba obxectiva e un dos traballos tutelados teñen que obter unha calificación igual ou superior a 5 puntos.

Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (maio) o alumno debe cumprir a totalidade dos seguintes requisitos:

1. Asistir ó menos ó 80% das clases presenciais.

2. Entregar os traballos tutelados nas datas sinaladas.

3. Realizar a proba obxectiva, non deixando sen contestar a ningunhadas preguntas plantexadas.

No caso de non cumprir algún dos primeiros puntos, o alumno obterá un "Non presentado" na convocatoria (oportunidades de maio e xullo).

Si o alumno non se presenta á proba obxectiva na primeira oportunidade, cumprindo o resto de requisitos, obterá un "Non presentado" en maio.

Na segunda oportunidade (xullo), repetirase soamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira oportunidade, á que soamente se poderán presentar aqueles alumnos que:

1. Ou ben cumpriran os tres requisitos citados anteriormentee non alcanzara a puntuación suficiente para aprobar.

2. Ou ben cumpriran os dous primeiros pero non se presentaran á proba obxectiva na primeira oportunidade.

Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Avaliaciónen convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirseas condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Estudantescon recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica deexención de asistencia : Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial dadirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima,manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá aoindicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación dascualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes