Sesión maxistral |
Presentación oral dos temas que compoñen a materia, buscando tamén a participación activa do alumnado. Como soporte poderíase utilizar presentacións en Power Point, software técnico (CAD, Maxsurf, etc) e vídeos. Algúns contidos pódense desenvolver en inglés.
O profesor terá a facultade de subir apuntamentos á Aula Virtual. O contido destes apuntamentos pretende ser un resumo dos contidos desenvolvidos no curso, pero non deben considerarse como a única fonte de información. Espérase dos alumnos/as completen dita información con anotacións das explicacións e discusións levadas a cabo en clase, así como coa bibliografía recomendada.
|
Obradoiro |
Aplicación práctica das sesións maxistrais, resolución de problemas (fórmulas, cálculos) e análises de casos prácticos. Poderá aplicarse algún Xogo de Rol para a explicación de actuacións reais a bordo e o uso das Standard Marine Communication Phrases.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Procedemento guiado de forma presencial e/o apoiado con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesor. |
Proba mixta |
Consistirán en probas, xeralmente escritas, que constarán de preguntas teóricas (proba de ensaio, resposta breve, #etc) e de preguntas prácticas (cálculos, gráficos de manobras, etc).
|