Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
![]() |
Grao en Náutica e Transporte Marítimo |
![]() |
![]() |
![]() |
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión da Náutica Deportiva | Código | 631G01503 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Análise de fontes documentais | Esta actividade consiste na visualización do documental " The Weekend Sailor" e analizar o seu contido a través de diferentes preguntas expostas polo profesor. A través delas preténdese profundar na organización, retos e desafíos das regatas transoceánicas, o traballo en equipo e a seguridade da navegación así como nos antecendentes históricos das mesmas e o espírito emprendedor que leva aos mariños para embarcarse nelas. |
Resumo | Nesta actividade o alumando elaborará un resumo no que se pretende recoller, destacar e relacionar as principais ideas e conceptos sobre a evolución da náutica deportiva e de recreo desde o S. XVII ata a actualidade. |
Presentación oral | O alumnado analizará o xurdimento e evolución da náutica deportiva e de recreo en España, así como o desenvolvemento da planificación das instalacións náutico deportivas e o contexto socioeconómico no que se produciría. Para iso facilitarase ao alumnado unha serie de textos para a súa análise. Cos resultados obtidos elaborarán unha presentación para expoñer na aula. |
Esquemas | Trátase dunha actividade mediante a que se persegue a determinación, comparación e organización da normativa que regula a práctica da náutica de recreo e as instalacións náutico deportivas en Galicia e en España a través da elaboración dun esquema. O alumnado irá confeccionado a medida que se expoñen as diferentes leis e normas nas sesións maxistrais. |
Presentación oral | Esta actividade consiste na análise detallada da normativa que regula as titulacións náutico-deportivas. Para iso o alumnado examinará a normativa que as regula e cos resultados obtidos confeccionará unha presentación para a súa exposición na aula. |
Traballos tutelados | Consistirá no deseño dun plan de xestión e explotación dunha instalación náutico deportiva e a preparación dunha presentación oral para a exposición do mesmo. Como parte deste o alumnado terá que avaliar as tendencias, retos e oportunidades actuais do sector da náutica deportiva e de recreo. |
Sesión maxistral | Nas sesións maxistrais expoñeranse de forma activa e buscando a particapación do alumnado os contidos da evolución da náutica deportiva e de recreo así como da normativa nacional e autonómica que regula a actividade. |
|