Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Historia da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A11 A13 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo e serán avaliadas ao longo do primeiro cuatrimestre. O seu calendario da avaliación comunicarase ao estudante durante o curso. 40
Proba obxectiva A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na data oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 60
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información.
  • Así mesmo, se esixe asistencia obrigatoria á clase da materia desde o primeiro día. En caso de que o/a estudante estea pendente de completar o proceso de matrícula, se lle esixirá copia asinada da matrícula académica coa data correspondente para que non computen as ausencias iniciais. Dito requisito de asistencia é obrigatorio para presentarse ás probas do curso tanto na primeira como na segunda oportunidade. Só se pode faltar á clase, sen os xustificantes oficiais que sinala a normativa académica, como máximo a 4 clases no cuadrimestre. 
  • En paralelo, só están dispensados de asistir á clase presencial, pero non das probas realizadas ao longo do curso, os estudantes que teñan concedida a dispensa académica oficial. É dicir, trátase do caso dos estudantes con "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia". O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto obrigatoriamente cos seus docentes vía correo electrónico da UDC antes do 30 de setembro de 2024.
  • É necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente).
  • Os estudantes deben consultar obrigatoria e frecuentemente o campus virtual da materia, onde o/a docente coloca a información relevante. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil no campus virtual para a súa correcta identificación.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se for necesario.

Tipo de cualificación:

  • A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno/a, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Oportunidades de avaliación:

  • 1ª oportunidade: todos os estudantes, incluídos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán superar a materia obtendo polo menos 50 puntos dos 100 totais entre todas as probas do curso, incluíndo o exame da 1ª oportunidade. Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.
  • Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da extraordinaria adiantada, ámbalas dúas consistirán na realización dunha proba obxectiva cun valor máximo do 100% da nota final. Deste xeito, nesta proba poderáse recuperar a avaliación continua correspondente ás probas prácticas realizadas no primeiro cuadrimestre. Os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades obtendo 50 puntos dos 100 potenciais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes