Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Tres probas obxectivas, de carácter non liberatorio, que configuran a avaliación continua. Cada unha destas probas valórase nun máximo de 1 punto. As datas orientativas para as probas de EC son as seguintes: 18 de Outubro, 8 de Novembro e 13 de Decembro para o primeiro cuadrimestre; 7 de Marzo, 28 de Marzo, e 2 de Maio para o segundo cuadrimestre. As datas definitivas fixaranse con antelación, atendendo ás necesidades da docencia.
A avaliación continua non é recuperable na segunda oportunidade.
30
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Desenvolverase na data, lugar e hora designados pola Xunta de Facultade para o exame final de cada oportunidade. Pode conter cuestións teóricas e prácticas en calquera combinación de formatos: test, desenvolvemento, casos, exercicios numéricos, etc. 70
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: a cualificación
global calcúlase promediando a proba realizada na data oficial de exame (70%) e
a avaliación continua realizada durante o cuadrimestre (30%)

Segunda oportunidade: realizarase
so unha proba mixta valorada en 10 puntos. A cualificación da segunda oportunidade
será a maior dos dous seguintes valores:

  • O resultado do
    exame final realizado na data oficial desta segunda oportunidade


  • O resultado
    de promediar o devandito exame ó 70%, coa avaliación continua ó 30%.

Oportunidade adiantada: avaliarase
mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias
definidos na guía do curso inmediatamente anterior.

Tódalas probas de avaliación deben
realizarse de forma presencial e na data prevista, coas únicas excepcións que
sexan aplicables conforme á normativa académica; en caso contrario computarán como
cero. Os alumnos con recoñecemento de dedicación parcial e/ou o exención de
asistencia seguirán o mesmo calendario e normas de avaliación que os restantes
alumnos.

Fraude: é de aplicación o previsto
no artigo 14 da normativa de avaliación da UDC, e no punto b do apartado 4 do
artigo 11 do regulamento disciplinar do estudantado da UDC. De acordo co
previsto nestas normas, as persoas implicadas serán expulsadas da proba e recibirán
unha cualificación de cero en ámbalas oportunidades, sen perxuizo das responsabilidades
disciplinares adicionais que poidan ser esixibles.

Instrumentos electrónicos: salvo
autorización expresa, non se permite o acceso á aula con dispositivos
electrónicos susceptibles de almacenar e/ou transmitir datos, tales como
smartwatches, móbiles ou calculadoras intelixentes. A presenza presencia en
lugares inxustificados entenderase motivo suficiente para a expulsión de la proba,
coas consecuencias previstas no parágrafo anterior.

Quen desexen ser avaliados nun idioma
concreto dos empregados na docencia deberán manifestalo por escrito dentro da
primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia.

Identificación: o  alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa
identidade dacordo coa normativa vixente.

Revisión
de cualificacións
: para dar cumprimento ás garantías previstas no art.
23.1 da normativa de avaliación da UDC, as probas de avaliación continua revisaranse
xunto co exame final, cando se publiquen as cualificacións provisorias da
primeira oportunidade, e dende ese momento os seus resultados serán firmes.
Cando se solicite a revisión, comprobaranse tódalas cualificacións e, caso de existir
algún erro, rectificaranse á alza ou á baixa segundo proceda.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes