Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A profesora presentará a materia ao estudante e, se fose o caso, avaliará os seus coñecementos previos
Sesión maxistral A profesora explicará contenidos básicos da materia
Presentación oral O/A estudante deberá expor oralmente o progreso das distintas partes do traballo a realizar durante o curso. Este proceso tamén servirá para compartir dúbidas e aprender a realizar o futuro traballo fin de grao. Ao final do curso asignaranse sesións específicas para a exposición oral do traballo completo do curso por parte de cada alumno.
Lecturas O/A estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. A profesora seleccionará lecturas específicas para o seu traballo e debate na aula.
Obradoiro Estes obradoiros servirán para comentar as lecturas programadas ou calquera contido do curso. Nestes obradoiros exporanse e comentaranse os pasos a seguir para desenvolver o traballo do curso. Poderán ser obxecto de seminarios, debates ou posta en común.
Traballos tutelados Traballo sobre o mercado de traballo que requerirá do uso de bibliografía especializada.
Seminario Sesións sobre temas concretos da evolución do mercado de traballo que poden ser impartidos por especialistas.
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a materia. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes