Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A24 A22 A21 A19 A17 A11 A9 A5 A3 A1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames 30
Presentación oral C1 C2 Presentación e defensa do traballo tutelado realizado. 10
Obradoiro A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 Debate e análise crítica sobre varias lecturas programadas ao longo do curso 30
Traballos tutelados A1 A3 A5 A17 A19 B3 B4 B5 B8 B10 C1 C3 C4 C6 Traballo sobre un aspecto do mercado laboral. 30
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Para superar a materia, débese obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais.
  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou a almacenaxe de información.
  • É preciso que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co DNI na aula na que se realiza a proba.
  • Cualificación de Non Presentado: a cualificación de non presentado corresponde ao estudante cando só participe en actividades que teñan unha ponderación igual ou inferior ao 30% sobre a cualificación final, con independencia da cualifición acadada.
  • Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: para a segunda oportunidade e para a convocatoria adiantada, mantéñense as cualificacións da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral), obtidas no primeiro cuadrimestre e engádese a nota do xame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda. Porén, se o desexa, o/a estudante pode substituír a cualificación da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral =70% da nota) pola realización de dúas probas complementarias ao exame: unha sobre o contido dalgunha das lecturas traballadas nos obradoiros (35% da nota final) e outra sobre a análise dun cadro ou gráfico relacionado cos contidos desenvoltos na clase (35% de la nota final). De optar por esta segunda posibilidade, a nota obteida substituirá en todo caso (sexa superior ou inferior) á cualificación obtida no curso na parte da avaliación continua.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
  • Dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Outras observacións e recomendacións:

Nas primeiras semanas, comunicarase ao estudantado o calendario de obradoiros e defensa dos traballos.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o profesorado indicará ao comezo do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes