Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Asignaturas
  Neuroxenética, dependencia e discapacidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A8 A12 B2 C3 O alumnado preparará un portafolio no que detallará os obxectivos, procedementos e resultados das actividades realizadas no laboratorio. As respostas deben estar correctamente razoadas, valorándose a capacidade de síntese dos coñecementos adquiridos e cinguirse ao preguntado, combinando o aprendido ao longo da materia. Valorarase o grao de comprensión, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da redacción. Considérase tamén importante un uso adecuado da linguaxe científica e utilizar os termos no seu contexto de forma apropiada. A puntuación obtida no portafolio constitúe o 10% sobre a nota final da materia, non sendo indispensable aprobar este traballo para aprobar o conxunto da materia. 5
Proba obxectiva A1 C8 A proba presencial final consiste nun exame modalidade proba mixta con aproximadamente 40 preguntas de resposta curta e/ou tipo test que o alumnado debe responder nun tempo máximo de 120 minutos. Como material, só se permite o uso de lapis, bolígrafo azul ou negro e goma. Indicarase ao alumnado o tempo do que dispoñen para a realización da proba, así como a puntuación asignada a cada pregunta e a penalización por resposta errónea. A puntuación obtida no exame computa un 80% sobre a nota final da materia. A puntuación máxima son 10 puntos e a nota mínima para aprobar son 5 puntos. 80
Sesión maxistral A1 A2 A3 A8 A12 A13 C3 O alumnado disporá no seu campus virtual da seguinte información:

Unha introdución ao tema.
Un guión extenso e ordenado dos contidos.
Referencias específicas ao libro/s de texto básico.
As diapositivas empregadas polo profesor/a nas clases maxistrais, así como un resumo dos conceptos fundamentais de cada tema.
Bibliografía complementaria.
Ligazóns a páxinas e recursos en internet.
O guión das prácticas de laboratorio.
Material adicional (vídeos, imaxes...) que facilitará a comprensión do contido da materia.
5
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A12 B2 C3 C8 As prácticas de laboratorio realizaranse no laboratorio de Psicobioloxía do grupo DICOMOSA que se atopa na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Para iso será imprescindible a organización de pequenos grupos para que o alumnado poida traballar sen interferir na labor investigadora do grupo. Nas prácticas aprovecharase para resolver dúbidas relacionadas coa materia explicada durante as sesións maxistrais. 10
 
Observacións avaliación

Consideraranse PRESENTADOS nas actas da materia todos aqueles alumnos/as que se presenten ao exame final oficial da materia e entregasen o correspondente portafolio das prácticas de laboratorio.

A nota final nas actas dos/as estudantes que non acaden na proba obxectiva do temario teórico a nota mínima para superar a materia (4.5), pero cuxa puntuación acumulativa sexa superior a 5, será un 4.9 (SUSPENSO).

Na segunda oportunidade tan só deberá presentarse a exame o alumnado que non se presentase na primeira, ou que non superase a nota mínima para aprobar a materia na proba obxectiva. A metodoloxía de avaliación será a mesma da primeira oportunidade.

Durante a realización da proba obxectiva, en calquera das dúas oportunidades, agás que se indique o contrario, está prohibido o uso de calquera dispositivo con acceso a Internet. Se durante a realización da proba, hai indicio do uso non autorizado deses dispositivos, o/a estudante será expulsado/a da aula, e procederase segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinario do estudantado da UDC. A realización fraudulenta das probas e/ou actividades implicará directamente a cualificación de suspenso ("0") na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida en todas as actividades de cara á seguinte oportunidade, de existir, dentro do mesmo curso académico.

Considérase fraudulenta a realización das actividades, propostas a ser completadas presencialmente na aula, que se fagan desde fóra da aula, procedendo segundo a Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria e o regulamento disciplinario do estudantado da UDC.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

No caso de situacións excepcionais debidamente xustificadas poderán adoptarse medidas adicionais para que o/a estudante poida superar a materia, tales como flexibilidade na data de entrega do portafolio ou modificación da data da proba de avaliación dos resultados da aprendizaxe.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos idiomas, prevalecerá a versión en español.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes