Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: os Fins e os Contidos do Curriculum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A17 A18 A19 A24 A26 A28 Análise do currículum de educación secundaria:
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega por grupo de traballo.
- Valorarase independentemente a implicación de cada un dos membros do grupo.
30
Traballos tutelados A21 A25 C3 C8 Desenvolvemento dunha Unidade Didáctica (triangulación elementos curriculares):
- Entrega por escrito a través da aula virtual (moodle).
- Efectuarase unha única entrega (traballo individual).
60
Presentación oral C1 C2 C3 Exposiciónda análise curricular:
- Valorarase independentemente a exposición de cada un dos membros do grupo.
10
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un
dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado.Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, a avaliación será un 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.



















Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na
cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica
para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1.    Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2.    Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.
3.    A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Todos los aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación
al estudio”, “permanencia” y “fraude académico” se regirán de acuerdo con la normativa académica vigente
de la UDC
(https://www.udc.es/es/normativa/academica/).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes