Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 A59 A60 A61 A62 A63 A64 A65 A66 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B23 B24 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación emitida pola dirección académica sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo realizado (contido e formato). Valoraranse as seguintes cuestións:
- Proceso e aspectos formais (10): adecuación ao formato esixido; organización da información segundo os apartados establecidos e o tipo de traballo; calidade na exposición do contido e uso da terminoloxía apropiada; incorporación das referencias bilbiográficas oportunas.
- Contido do traballo (60): fundamentación teórica (xustificación e contextualización, elección de fontes axeitadas); proposta/proxecto/estudo (profundidade e adecuación dos contidos de cada parte, coherencia interna, viabilidade, pertinencia e/ou carácter innovador); resultados/conclusións (relación cos obxectivos formulados; grao de comprensión dos coñecementos dunha área de estudo concreta vinculada ao Grao)
70
Presentación oral B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B15 B17 B19 B22 B25 C1 C2 C3 Avaliación emitida polo tribunal sobre a exposición e defensa pública do TFG. Valoraranse as seguintes cuestións:
- Grao de elaboración, fundamentación, claridade e solidez do discurso, facendo un uso adecuado e rigoroso da linguaxe.
- Capacidade de síntese e de distribución do tempo de exposición, facendo fincapé nos aspectos clave para entender o interese do traballo.
- Resolución, concreción e exactitude das respostas ás preguntas e aos comentarios formulados polo tribunal
30
 
Observacións avaliación

O alumnado
disporá dunha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación e defensa
pública do TFG: unha ordinaria (xuño) e outra extraordinaria (setembro)



  • Para aprobar a materia de TFG e necesario superar os
    dous elementos da avaliación: traballo tutelado e defensa oral.
  • Enténdese que a parte do traballo tutelado está
    superada, e este pode ser defendido ante un tribunal, cando se conta coa
    autorización de defensa e cun informe favorable sobre o traballo que debe
    incluír unha cualificación numérica mínima de 3,5 (nunha escala do 0 ao 7),
    emitidos ambos pola dirección académica.
  • A superación da parte da defensa implica que o
    tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 1,5 (nunha escala do 0 ao
    3).
  • A cualificación final do Traballo de Fin Grao será a
    emitida polo tribunal.
  • No caso de non contar coa autorización de defensa e/ou
    co informe favorable emitidos pola dirección académica do traballo, a
    cualificación recibida será NON PRESENTADO.
  • No caso de non realizar a defensa ante o tribunal, a
    pesar de ter o informe favorable e/ou a súa autorización, a cualificación
    recibida será NON PRESENTADO.
  • No caso de non superar a defensa oral, a cualificación
    final recibida será a obtida nesta parte da avaliación, pero nunha escala do
    0-10.
  • Dentro dunha mesma convocatoria, o alumnado que reciba
    unha cualificación de NON PRESENTADO ou de SUSPENSO, contando coa autorización
    de defensa e co informe favorable da súa dirección académica só terá que
    repetir a parte da avaliación correspondente á defensa oral do TFG.
  • O alumnado que non supere a materia en ningunha das
    oportunidades de avaliación dunha mesma convocatoria, terá que matricularse de
    novo na mesma. Neste caso:



















a)    
Se a cualificación recibida na
convocatoria anterior foi de SUSPENSO, deberá comezar o proceso de elección de
liñas temáticas nas mesmas condicións que o alumnado que se matricula por
primeira vez.



b)    
Se a cualificación recibida na
convocatoria anterior foi de NON PRESENTADO, poderá manter o mesmo tema e a
mesma dirección académica do último curso en que se matriculase da materia,
sempre e cando conte co consentimento explícito da propia dirección académica.



Convocatoria
adiantada (febreiro)



De forma
excepcional e sempre que o estudante non teña pendente máis que a superación do
TFG para rematar os seus estudos de Grao e conte co informe favorable da
dirección académica, poderá defendelo en convocatoria adiantada, nas datas que
estableza a Facultade desde o inicio do curso académico; pero respectando
sempre o número máximo de dúas oportunidades do que poderá facer uso en cada
curso académico.



O sistema de
avaliación desta convocatoria adiantada será o mesmo que na convocatoria
ordinaria.



Revisión das
cualificacións



Se o
alumnado quere revisar a cualificación outorgada pola dirección académica,
deberá solicitarllo por correo electrónico no prazo de 4 días naturais logo da
publicación da cualificación. Dende a dirección do TFG indicarase data, hora e
lugar para realizar a revisión que será sempre antes do inicio do período de
presentación e defensa diante do tribunal, por se houber modificación da
cualificación.



De acordo coa normativa de avaliación vixente
da UDC, a data de revisión da cualificación definitiva do TFG será a que marque
o tribunal, unha vez realizadas as defensas.



“Dispensa
académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica”:



Todos os aspectos
relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e
“fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes