Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.
Lecturas O alumnado utilizará documentación bibliográfica proporcionada polo profesorado para ampliar os seus coñecementos sobre a materia e os contidos traballados. Así mesmo, tamén se fará un aproveitamento didáctico delas, nomeadamente daquelas de natureza literaria.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes en que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e a supervisión do profesorado e cunha dupla finalidade: por unha banda, verificar a asimilación das nocións teóricas e, por outra, a exploración da proxección que as ditas nocións poden ter no campo da práctica docente
Traballos tutelados Realización dun ou varios traballos, orais e/ou escritos, grupais e/ou individuais, relacionados con calquera aspecto dos tratados no programa docente. Estes serán fundamentais para que o alumnado supere con éxito a materia, na medida en que dan índice da súa madureza científica. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Presentación oral Intervención inherente ao proceso de ensinanza-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que
o alumnado dunha forma ordeada e coherente expón os resultados de actividades titorizadas de forma dinámica e co apoio de recursos dixitais.
Foro virtual Espazo de discusión informal destinado a que o alumnado interactúe ao redor dun tema ou problema, que se desenvolve nunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Portafolios do alumno Cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo/pola estudante nun período de tempo. Inclúe
todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu
desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas etc.
Proba de ensaio Con esta proba preténdese determinar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos polo alumnado durante o curso como a súa competencia en expresión escrita en lingua galega, a súa capacidade de relación e a súa madurez crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes