Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Lingua galega e a súa didáctica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
As aulas interactivas, organizadas en grupos pequeno, permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos. Nelas realizaranse, revisaranse e comentaranse as prácticas encamiñadas á mellora da competencia lingüística e didáctica do alumnado, relacionándoas coas expositivas. Tamén se solventarán aquelas dúbidas que se presenten e consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas tanto ao longo das horas presenciais ou das non presenciais como no traballo autónomo do alumnado.

As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou estudante nas tarefas solicitadas (portafolio, traballo tutelado etc.) ou
calquera outra cuestión ao redor da materia. Así mesmo, o traballo tutelado contará con tutorías personalizadas e en grupo para o seguimiento do seu traballo.
O atendemento ao alumnado realizarase no horario marcado ao comezo do curso e poderá solicitarse á docente a través de correo electrónico ou do chat de Teams. Así mesmo, a titoría poderá ser presencial ou a través da plataforma Teams, sempre e cando non sexa posíbel a opción presencial.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes