Para cursar axeitadamente esta materia, é preciso ter:
- coñecementos amplos de gramática galega
- coñecementos do léxico común habitual da lingua galega
- coñecementos de sociolingüística galega
- dominio medio-alto da expresión oral e da escrita en lingua galega
Tendo en conta a importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza Superior de acordo coa lexislación vixente e atendendo ás indicacións da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña, esta materia, así como a súa docente a título persoal, comprométese a: - Usar linguaxe non sexista e inclusiva.
- Visibilizar e analizar os nesgos sexistas en recursos, medios e discursos etc.
- Propiciar a intervención en clase de alumnas e alumnos.
- Traballar para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influír na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Adaptar a normativa APA para que figuren os nomes de autoras e autores, así como a procura de paridade na bibliografía, aplicando a citación xusta: https://www.educacion.udc.es/biblioteca/?pagina=citar
|