Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Expresión corporal e adaptacións curriculares |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Expresión corporal e adaptacións curriculares | Código | 652G02026 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 A15 A23 A61 A62 A65 B1 B18 B19 B22 B25 C3 C4 C7 C8 | 635/10000 Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha sesión ou proposta docente (segundo o profesorado estime conveniente) na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física respecto da expresión corporal e as adaptacións curriculares necesarias para casos concretos, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase en grupos. O profesorado especificará con antelación os requisitos formáis de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados. |
40 |
Proba de resposta breve | A4 A7 A8 A58 A64 | Ao longo do curso iranse expondo ao alumnado diversas probas ou traballos breves de aula para comprobar o seguimento dos contidos da materia. As probas poderanse facer individualmente ou en pequenos grupos. O resultado deste apartado da avaliación é a media das cualificacións obtidas nas probas realizadas durante o curso. | 30 |
Aprendizaxe colaborativa | A12 A13 A56 A63 B13 B14 B16 B17 C4 | Desenvolveránse un ou varios traballos en pequeno ou gran grupo guiados polo profesorado en varias sesións coa finalidade de potenciar o traballo autónomo do alumnado. Este traballo poderá involucrar a outras materias da mención en Educación Física. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Primeira oportunidade : Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuaciónmínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade : Ao alumnado participase nun 80% das horas presenciais na primeiraoportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuaciónmínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nasque non alcanzase ese mínimo. O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais damateria (xa sexa alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exenciónde asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo deavaliación alternativo, que será o mesmo para ambas as oportunidades: probamixta (100%), realizada na data marcada oficialmente pola Universidade daCoruña e na que se deberá demostrar o dominio dos contidos teórico-prácticos damateria. A proba mixta terá dúas partes e será preciso aprobar ambaspara facer media e superar a materia. No caso de non superar unha das partes a nota será a da parte suspensa. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Os traballos desta materia entregaranse de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactosnegativos sobre o medio ambiente. O mesmo obxectivo terán as saídas de campo,tratando en todo momento de que o impacto ambiental sexa mínimo. Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nostraballos e exposicións nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos eactitudes sexistas fomentando valores de respecto e igualdade. Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado facilitandoo acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. NOTA: as metodoloxías de “Práctica de actividade física” e “Saídas de campo” están suxeitas á posibilidade de garantir as medidas de seguridade dos participantes. Se non se dan as condicións de seguridade adecuadas, estas metodoloxías poderán substituírse por sesións de aula. |
|