Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Sistemas alternativos de comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 A30 B14 B16 B22 B23 B24 Coa realización dos traballos valorarase a adquisición de procedimentos "saber facer".
Cada grupo de traballo colaborativo entregará nos axeitados prazos os materiais que son produto das actividades de aprendizaxe realizadas durante as clases interactivas.
Os traballos tutelados computan o 50% da nota final.
50
Proba obxectiva A6 A17 B2 B11 B21 A aprendizaxe do alumnado será avaliada de forma continua de xeito que o longo do curso os e as alumnas terán que facer probas obxectivas por bloques de contidos (temas completos ou por partes), que consistirán en preguntas de verdadeiro-falso, de resposta múltiple ou de resposta breve e que serán desenvolvidas a través de plataforma Moodle.


50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

a) Realización de traballos tutelados (50%).

b) Proba/s obxectiva sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016):

Elixirá, ao comezo do curso, entre a opción A ou:

- Un exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (50%), asi como a presentación dun traballo no que realice igualmente un estudo de caso (50%)

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obtener unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos e exame).

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio.

3. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico.

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou

b) Non entregue o traballo nin se presente á proba do período oficial de avaliación.

3. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das tarefas, actividades ou calquera tipo de proba de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4) Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento"

4. Asimesmo, en calquera caso, aplicarase á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación a seguinte modificación aprobada no Regulamento disciplinar do estudantado da UDC (Consello de Goberno do 28/06/2023), artigo 11, apartado 4 b), que establece a "[c]ualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

5. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia incorporase a perspectiva de xénero. Entre outras medidas, usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes