Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Atención á diversidade: aspectos didácticos e organizativos
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Tanto o estudo de caso como a simulación dunha situación real de aula, esixe un traballo moi personalizado, por este motivo, o alumnado recibirá individual ou colectivamente a atención da profesora da materia. A atención personalizada farase mediante as titorías pero tamén na aula ordinaria, pois a metodoloxía de traballo baséase nas necesidades e demandas individuais e grupáis. Nesta supervisión solventaranse as dúbidas que poidan presentarse e daranse indicacións sobre as diversas fases de elaboración dos traballos propostos.
Os traballos en equipo terán que realizar distintas tutorías coa profesora para deseñar as propostas.
Ao longo da materia, ofrecerase dúas posibilidades de ir que cada equipo suba ao campus virtual os traballos que está realizando e poida recibir un feedback do realizado ata o momento.
O alumnado que teña dispensa académica ou a tempo parcial, desde a primeira semana, estabelecerase un calendario de xuntanzas para levar a cabo o seguimento da materia.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes