Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Socioloxía |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía | Código | 652G03005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A2 A4 B1 B6 C1 C7 | As lecturas obrigatorias e recomendadas deberán quedar reflectidas nos contidos das tarefas, traballos, intervencións e demais áreas de competencia da materia. O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario. |
15 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A8 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 C8 | As tarefas e traballos prácticos realizados na clase considéranse traballos titelados. En todos eles valorarase: -Comprensión e manexo de conceptos, textos e teoría sociolóxica. -Utilización de fontes e ferramentas adecuadas para a investigación social. -Pensamento crítico, reflexivo e relacional. -A orixinalidade. -A correcta expresión escrita. -Capacidade para traballar en grupo (se é o caso). O profesor tamén pode establecer probas, por exemplo tipo exame, se o considera necesario. |
20 |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 A4 A5 A8 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 | Valorarase a asistencia, o interese mostrado e a participación; así como a repercusión dos contidos expostos nos traballos a realizar ao longo do curso. Para iso, o profesor debe contar con referencias explícitas suficientes ao respecto, podendo recorrer tamén a outras formas de verificación, como probas escritas, por exemplo, un exame. | 20 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A5 A10 A11 A13 A20 B1 B3 B5 B6 C1 C6 C8 | Nos traballos a realizar, terase en conta a consulta, uso, recurso e reflexo das fontes de información consultadas. O profesor tamén poderá poñer algunha proba, por exemplo tipo examen, se así o estima. |
10 |
Proba obxectiva | B1 B6 C1 C7 | Na proba obxetiva se valorará: -O domiño e comprensión do contido. -A capacidade de síntese. -A corrección do exposto e da súa expresión. -A aplicabilidade do explicitado. -A calidade do traballo. |
25 |
Discusión dirixida | A1 A2 A3 A4 A5 A8 A10 A11 A20 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 | Os debates sobre os temas da materia pretenden ser enriquecedores e iso depende en gran medida das contribucións por parte do alumnado, as cales son tidas en conta para a avaliación. | 10 |
Observacións avaliación | |||
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo, “permanencia” e “fraude académico” se rexirán dacordo coa normativa académica vixente da UDC. Avaliación continua. Consta dunha parte teórica, correspondente á aplicación dos contidos das clases maxistrais, das lecturas e das consultas de fontes documentais, que se reflicten ou non nas probas e traballos correspondentes. Máis a parte práctica, correspondente ao conxunto de actividades nas clases, traballo, interese, asistencia e participación. Deste xeito, valórase todo o feito polo alumno ao longo do curso. Para superar a materia será necesario asistir ao 80% das clases, así como realizar e entregar os traballos prácticos, probas e acreditar as lecturas obrigatorias, a utilización de contidos das clases maxistrais e fontes documentais. Avaliación discontinua. O alumnado que teña recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención académica (aqueles que non teñan avaliación presencial continua xustificada), salvo no que se refire á asistencia e participación, terá un criterio de avaliación similar ao continuo, fundamentalmente a través dos traballos, tarefas e lecturas tuteladas, para as que deberán manter un contacto informativo suficiente e necesario, directo ou virtual, co profesor. Segunda oportunidade. Os que suspensen a primeira convocatoria, tanto na modalidade de avaliación continua como descontinua, terán que presentarse ao exame nas datas oficiais fixadas para a segunda oportunidade. Plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. |
|