Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Social |
Asignaturas |
Socioloxía da educación |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2024/25 | |||||||||||||
Asignatura | Socioloxía da educación | Código | 652G03028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 | Considéranse traballos tutelados tanto as prácticas realizadas na clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 50% da nota depende das prácticas de clase e a participación, e o 40%, do traballo grupal obrigatorio. En todos estes traballos valorarase: - A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica. - O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social. - O pensamento crítico, reflexivo e relacional. - A orixinalidade. - A correcta expresión escrita. - A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso). |
90 |
Presentación oral | A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 | A presentación oral sobre o traballo grupal é obrigatoria. Nela valorarase: -O dominio e comprensión do tema. -A capacidade de síntese. -A correcta expresión oral. -A creatividade. -O traballo en grupo. |
10 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación continua. O 50% da nota depende das prácticas de clase e o 40% do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatorio valerá o restante 10% da nota. Para a avaliación continua será obrigatoria a asistencia a clase, polo que se poderá faltar a estas un máximo de 3 veces (con ou sen xustificación). Á cuarta falta pasarase, automaticamente, a avaliación non continua. Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes (prácticas en clase, traballo grupal e exposición oral). As tres partes apróbanse cun 5. A nota final será a suma ponderada das mesmas. No caso de suspender na primeira convocatoria en xuño, o alumno/a terá que facer en xullo un exame de recuperación de todo o curso. Avaliación non continua. Aqueles alumnos que non poidan asistir regularmente a clase, e especificamente ás clases prácticas, deberán optar pola avaliación final consistente nunha proba obxectiva que terá un peso dun 100% da nota final. Neste exame incluiranse preguntas sobre as lecturas obrigatorias. Segunda oportunidade. Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC. Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académico” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |
|