Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Enfermaría (C)
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enfermaría
 Asignaturas
  Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Utilizarase ao principio do curso para mostrar ao alumno en que consiste a asignatura e como o temario permitiralle adquirir os coñecementos básicos das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas Ciencias da Saúde
Sesión maxistral Esta metodoloxía será empregada ao longo do curso para mostrar ao alumnado os conceptos teóricos que se expoñerán na asignatura.
Prácticas a través de TIC Nas prácticas o alumnado poderá traballar coas aplicacións vistas en clase, así ao mesmo tempo que aprende poderá ver as posibilidades que ofrecen no tratamento da información.
Aprendizaxe colaborativa Parte 1: O alumnado realizarán traballos en grupo, a lectura crítica dun artigo científico orixinal e unha revisión bibliográfica narrativa, e sobre outros contidos da materia.
Traballos tutelados Consistirá na realización de exercicios prácticos para comprobar que o alumno conseguiu o grado de manexo das aplicacioóns esperado.
Realizaráse un seguimento da evolución dos exercicios propostos.
Os alumnos farán polo menos unha presentación oral cos resultados das actividades realizadas relacionadas cos contidos da materia.
Proba de resposta breve Usarase ao final do curso para comprobar que o alumnado comprendeu os coñecementos teóricos explicados ao longo do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes