Proba mixta |
B2 |
O exame para calquera convocatoria (avance de oportunidade, primeira oportunidades, seguda oportunidade) será con preguntas tipo test de opción múltiple O número de preguntas oscilará entre 60 e 90, correpondendo para a realización do examen o tempo equivalente a 1 minuto por pregunta. Só haberá unha resposta correcta, contando as respostas incorrectas como negativas, de xeito que de cada catro erradas se deducirá unha correcta.
Para poder aprobar a materia é necesario superar o exame cunha nota mínima do 50%.
En calquera caso, para calquera chamada, incluída a segunda oportunidade (xullo) e o avance da oportunidade, a puntuación do exame corresponderá cun peso do 65% do materia.
|
65 |
Aprendizaxe colaborativa |
A7 B1 B2 B15 C1 C6 C9 C10 |
Ao longo das 14 semanas de docencia, celebraranse seminarios onde se puntuarán estudo de casos, presentación oral, aprendizaxe colaborativo, análise de fontes documentais e traballos tutelados. O tema dos seminarios será, excepto por forza maior, o asignado no horario de inicio do curso.
En cada seminario teranse en conta a participación individual e o traballo previo, o traballo en grupo e os coñecementos adquiridos na clase teórica correspondente anterior. Para cada seminario haberá unha nota de 0 a 10, que se ponderará co resto de notas dos seminarios para corresponder a 35% da nota final.
A ausencia non xustificada dun seminario asigna unha puntuación de 0 para ese seminario. |
35 |
Valorarase a participación e asistencia a clase, así como a sea intervención, así como a relación entre os alumnos nos grupos que facilite a cohesión das exposicións de cada grupo. O 65% da puntuación da materia de Nutrición corresponderá ao exame, e o 35% á actividade realizada nos seminarios (traballos, exposicións, casos prácticos, traballos tutelados). No caso de cursar unha segunda matrícula (repetir a asignatura), e tendo aprobados os seminarios no curso previo, poderase pedir a exención dos seminarios pero a nota correspondente será un 5 na parte dos seminarios (1.75 puntos na nota final sobre o máximo de 3.5 puntos posibles) A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se
cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.
|