Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. A/o estudante sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
O procedemento de ensino-aprendizaxe nesta metodoloxía está orientado a unha aprendizaxe de tipo colaborativa, con unha organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Proba mixta |
Integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o curso, .
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Nas preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
|