Criterios de avaliación
para 1ª oportunidade:
- Proba obxectiva: É unha
proba escrita con consulta de 210 minutos de duración. Con esta proba
avaliarase o 70% da nota final.
- Problemas resoltos: Ao
longo do curso, aos alumnos asignaránselles tarefas para realizar e entregar
nun prazo determinado. Estas tarefas consistirán na resolución de problemas
propostos e con elas avaliaráselles o 30% da nota final. Estas tarefas non son
obrigatorias, se non se avalían, poderase aprobar a materia se a nota obtida na
proba escrita é igual ou superior ao 71,4%.
Criterios de avaliación
para 2ª oportunidade, convocatorias extraordinarias e dispensa académica:
- Os criterios de
avaliación para 2ª oportunidade e convocatorias extraordinarias serán os mesmos
que para a 1ª oportunidade.
- Para os alumnos de
dispensa académica a avaliación consiste unicamente na proba escrita.
Tódolos aspectos relacionados co fraude académico regiranse acorde ca normativa académica da UDC.