-
Cada exame constará de duas partes independientes, sendo necesario obter unha
nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 4 puntos, puntuación mínima para compensar 1,5
puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1
punto.
-
Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame haberá que
alcanzar neste un mínimo de 3 puntos.
-
Para poder ser evaluad@s, @s alumn@s han de ter feito como mínimo o 75% das
prácticas de laboratorio.
-
A evaluación no exame de 2ª oportunidade (exame global da materia) realizarase
seguindo os mesmos criterios utilizados no exame de 1ª oportunidade.
-
A cualificación correspondente á realización de traballos tutelados non se
mantén dun curso ao outro.
-
@s alumn@s que fixeron e superaron as prácticas de laboratorio da asignatura en
cursos anteriores poderán decidir facelas de novo ou non. No caso de non
repetilas, solicitarán a sua convalidación e manteráselles a calificación
obtida no seu momento.
-
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia será avaliado mediante a cualificacion obtida no
exame final (80%) e a realización de traballos tutelados (20%). Na segunda
oportunidade manterase a cualificación obtida nos traballos tutelados
realizados durante o curso para calcular a cualificación global.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará
directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria
correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as
actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.