Proba obxectiva |
A1 A10 B2 B11 C4 C6 |
Tratarase dun exame no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar.
A proba puntuará un máximo de 6 puntos, necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas de avaliación continua (problemas/test, traballo tutelado e prácticas).
|
60 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A8 |
Avaliarase a preparación e defensa de traballos realizados en grupo. |
10 |
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: - Os estudantes que non realicen as prácticas de laboratorio non poderán presentarse á proba obxectiva e figurarán como “non presentados”.
- Os alumnos repetidores que realizasen as prácticas de laboratorio nos dous cursos anteriores, poderán optar en realizalas novamente ou non. No caso de optar por non realizalas, debe solicitalo, e conservaría a puntuación dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os estudantes que non superaran a asignatura deberán realizalas prácticas obrigatoriamente.
AVALIACIÓN CONTINUA: - A asistencia ás clases de docencia interactiva son obrigatorias. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas a clase sen xustificar, serán inmediatamente excluídos do procedemento de avaliación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxectiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxectiva será un 90% da nota, sendo o 10% restante o correspondente ás prácticas de laboratorio.
AVALIACIÓN FINAL: - Na segunda oportunidade de avaliación seguirase a mesma norma que para a primeira oportunidade.
- Os alumnos con cualificación de "non presentado" son aqueles que non se presentaron á proba obxectiva ou non realizaron as prácticas de laboratorio.
- Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita con cualificación de 50% mais a valoración dos traballos propostos con cualificación de 50%. A segunda oportunidade para estes alumnos rexerase polas mesmas normas.
IMPLICACIÓNS DO PLAXIO: - A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|