Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas (2013)
 Asignaturas
  Talleres de directivos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 Valorarase a capacidade do alumno para aplicar a metodoloxía do caso utilizando os coñecementos específicos desta materia. 50
Presentación oral C6 C7 C8 C9 C10 C11 Valorarase a capacidade do alumno para presentar oralmente os coñecementos específicos desta materia aplicados ao caso de empresa. 30
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A13 A15 C3 Valorarase a asistencia e a elaboración de ensaios críticos sobre charlas/conferencias dos profesionais invitados. 20
 
Observacións avaliación

Naquelas tarefas que requiran traballar en equipo, o traballo do grupo debe ser realizado de forma equitativa por todos os seus membros, evitando a descompensación nas achegas individuais ao grupo. No caso de que algún membro non realice a súa correspondente contribución ao equipo, non poderá superar a materia en primeira oportunidade . En segunda oportunidade terá que elaborar pola súa conta toda a tarefa asignada ao equipo, expoñéndoa en caso necesario. 

Avaliación Segunda Oportunidade e Convocatoria adiantada: O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para as demais oportunidades dacordo aos seguintes criterios:
No caso do Estudo de casos e Presentación oral:
Para os estudantes que participaron activamente, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, na cal consta a súa participación mediante a pertinente avaliación continua, pediráselles que realicen e presenten un traballo corrixido e ampliado daquela parte ou partes que non alcanzasen os mínimos requiridos. Para aqueles estudantes que non participasen de modo activo, no proxecto empresarial, desenvolto polo equipo ao que foron asignados, esixiráselles que realice e presente un traballo inédito relacionado co proxecto e cun enfoque orixinal, sempre en coherencia coa visión integral do realizado polo alumnado que superou a primeira oportunidade.

No caso dos eventos científicos/divulgativos: Pediráselles a todos os alumnos que realicen algún ensaio crítico sobre situacións concretas e reais á cales se tiveron que enfrontar ou se terían que enfrontar, vinculadas coas decisións no ámbito da dirección, xestión ou administración de empresas.

Alumnos condedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Nocaso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exenciónde asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico comovehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e aentrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico dedatas compatible coa súa dedicación, pero terán a mesma obrigación de realizaractividades e de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado atempo completo.

Cualificaciónde non presentado Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades deavaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificaciónfinal, con independencia da cualificación alcanzada.

A realización fraudulenta das probas ou actividades deavaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación desuspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes